Artista / curriculum
Nacemento
- Vigo (Pontevedra)
Formación
-
Mercedes Groba é una artista que sinte verdadeira paixón por pintar, o seu gusto pola beleza e a elegancia da natureza unido ás súas dotes artísticas e á súa gran creatividade fan dela unha singular pintora cunha necesidade case vital de expresarse a través da súa obra. Sen dúbida é unha artista cunha capacidade innata para a arte, pois xa dende nena sentiu o desexo de pintar; aprendeu a observar e contemplar o seu entorno, e despois a reproducilo sobre o papel o el lenzo. O seu potencial infantil transformouse en coñecemento cando se formou xunto ao pintor catalán Juan Marcé, con quen aprendeu todo o que debía saber sobre materiais e técnicas pictóricas.
Exposicións
-
Individuais
-
2005 - Exposición de pintura Mercedes Groba, Concello de Cangas. Pontevedra.
1994 - Realiza a súa primeira individual, no Museo Diocesán de Tui. Pontevedra.
Colectivas
-
2010- Haití. Vigo.
2008- Carrousel du Louvre. Paris
2008- Arte no Morrazo.
2008- "Arte Transfonteirizo" Alianza Francesa, Vigo
2007- Exposición de pintura en axuda ás persoas con Alzheimer. Estación Marítima (Vigo). “Puro Arte” Feira Internacional, IFEVI (Vigo).
2006- Exposición Casa das Mulleres (Vigo) e “Premio Toxos e Froles”, Ferrol ( A Coruña. )
2005- Seleccionada pola Galería Crisolart de Barcelona para participar nunha exposición itinerante en Dinamarca. Seleccionada polo Concello de Cangas do Morrazo (Pontevedra) para o “X Certame Ilmo. Concello de Cangas e Frigoríficos do Morrazo”. “Fairg Fair” Crisolart Galleries (Dinamarca). ”Das ribeiras do Sar ao sollos do Guadiana” homenaxe ao Quixote en Argamasilla de Calatrava (Cidade Real. Castela-A Mancha) e na Fundación Araguaney (Santiago de Compostela). Itinerante “Polimorfías Cromáticas” Gran hotel (Santiago de Compostela), Gran Hotel (Lugo) e Sala Ateneo (Ourense). “Ao carón do mar” casa da Cultura (Porto do son). “Olladas Diversas” Hotel Tryp (Santiago de Compostela). “Diverxencias” casino Atlántico (A Coruña). “A froita prohibida” Gran Hotel (Santiago de Compostela) e “Misceláneas” museo Torres (Marín).
2004- “Lembrando a Dalí” Fundación Araguaney (Santiago de Compostela). Confederación de empresarios (Vigo) e “Arte Axuda a Galicia” exposición de pintoras galegas e latinoamericanas, Art Mart New Century Gallery, Nova York (E.U.A.)
2003- Exposición Casa de Galicia de Madrid.
2002-03-04 - “Faim” Feira dos artistas independentes de Madrid.
2001- Primeiro premio de surrealismo de artistas plásticos de Barcelona.
2000- Feira dos artistas de Boloña (Italia). 3º premio a figuración fantástica Sexto Salón de Acea (Barcelona). 3º premio de carteis 50 Aniversario Alianza Francesa de Vigo (Vigo, Pontevedra) e Bienal Art Dona (Valencia). Exposición itinerante por Galicia patrocinada pola Xunta de Galicia (Italia-España-Francia).
1999- Finalista 1º premio de pintura Concello de Redondela. Pontevedra .
1998- Pintora invitada no Certame Internacional Filatélico de Maia (Portugal).
Comentarios sobre o/a artista
-
“Pintura de ensoñación é a de Mercedes Groba, como remarca Carlos Barcón no comentario dende a pintura que ambos exercen. Un cromatismo aceso, pero calculado, como auroral, invade os seus cadros, aos que dota dun aderezo de inxenuidade, de maneira que sentimos desexos de transitar por eses ámbitos de vexetación abundante en carmíns, violetas, un verde brillante, é unha parte da eloxiosa crítica que lle dedica, coa súa habitual mestría, o académico Francisco de Pablos”
Juan Manuel López-Chaves Meléndez.Presidente da Asociación Amigos dos Pazos.