AGAEC, Asociación Galega de Arte e Cultura

Artista / curriculum

Teresa López Ameijeiras

Nacemento

A Coruña 1942

Formación

Auxiliar de Clínica. Formación Profesional de Primeiro Grao. Escola de Mestría Industrial de A Coruña, 1974.
Estudios con Dª María Antonia Villaverde durante os anos 1987 a 1991.
Estudios con Dª Josefina Mantiñán durante os anos 1991 a 1999.
Taller de gravado impartido por Anne Heyvaert da Facultade de Belas Artes de Pontevedra e organizado polo Museo de Belas Artes de A Coruña na primavera de 2003.
III xornadas de arte: A música como pretexto. A inspiración musical nas artes, organizadas polo Museo de Belas Artes de A Coruña en 2003.
PUBLICACIÓNS
Revista “Arte Galicia-Siglo XXI” nº 8-2006, pp. 14-15

Exposicións

Individuais
2007- Sala de Exposicións Hotel Porta do Camiño-Galería José Lorenzo, Santiago de Compostela, A Coruña.
2006- Sala de Exposicións “Casa Charry” do Concello de Oleiros, A Coruña.
2005- Sala de Exposicións do Concello de A Coruña.
Colectivas
2008- “Metamorfose da auga” Galería Itxaso, Zaragoza; “O Alén”, Centro comarcal de Ordes, (A Coruña); "Caramiñeira",Casa mariñeira da Pobra do Caramiñal (A Coruña).
2007- “Arte en feminino” ( A Coruña). “XXI Feira do Moble de Galicia”, A Estrada (Pontevedra). “Relax-Arte” Gran Hotel (Santiago de Compostela).

Comentarios sobre o/a artista

“A pintura de Teresa López Ameijeiras, depurada e mimada, é elaborada e minuciosa. A observación sosegada da súa obra conduciranos a comprensión do motivo, xa que non sempre este é o que parece, simplificado, así como do detalle de cada pincelada, cando a pincelada sexa posible definila como tal.
Non busquemos, pois, contornos, nin debuxo preciso, nin color primario, nin figura concreta; máis ben consideremos os grises, a imprecisión detallada tan so por a definición aérea, a perspectiva non delineada, a submisa liña sometida a cor. O seu estilo retrotráenos ó método que elabora por punteo e non por arrastre, por absorción, máis que por extensión, da materia pictórica.
É, a súa, unha obra digna, que débese estudar con respecto, merecedora de ser coñecida por o gran público”.
Xosé Manuel Cairo Antelo. Pintor

“Pódese ser un bo pintor pero faltar sensibilidade no que pinta. Teresa López Ameijeiras si denota esa sensibilidade. Tanto cando elixe os temas como na súa pintura.
Pintura colorista pero non en exceso. Ten moi en conta o debuxo, esencial nun bo pintor.
Na súa pintura hai suavidade e forza en canto o tema o requira. Sempre hai algo moi persoal na obra dun artista”.
Antonia Villaverde Pumar. Pintora.
© AGAEC, Asociación Galega de Arte e Cultura - Términos e condicións - Accesibilidade - Contacto - Login