Artista / curriculum
Nacemento
- Cordeiro (Valga, Pontevedra) 1957
Formación
-
No ano 1992, funda cun grupo de amigos a asociación ADEVAL, encamiñada á promoción de todo tipo de actividades no concello de Valga. É así que crean o grupo de teatro Batume e a revista Treboada, onde colabora activamente.
Autodidacta nos seus inicios, comeza unha formación máis esmerada e xorde a creación da Escola de Debuxo e Pintura da Asociación ADEVAL.
Exposicións
-
Individuais
-
No ano 2006 fai unha exposición individual no Hotel Melia María Pita de A Coruña, e a partir do ano 2008 realiza varias exposicións individuais por toda a xeografía galega coa exposión ”Dende Valga”, Centro Comarcal de Deza, de Lalín; Centro Comarcal da Mariña Occidental, Viveiro; Centro Comarcal de Terra de Trives, A Pobra de Trives; Centro Comarcal de Terra de Caldelas, Castro Caldelas; Centro Comarcal de Tabeirós-Terra de Montes, A Estrada; Centro Comarcal de Terra de Lemos, Monforte de Lemos; Centro Comarcal do Carballiño, O Carballiño. Ourense; Casa da cultura do Ribeiro, Rivadavia; Centro Comarcal de Ordes, Ordes; Centro Comarcal da Ulloa, Palas de Reis; Centro Comarcal de Terra de Celanova, Celanova; Centro Comarcal de Bergantiños, Buño-Malpica; Centro Comarcal da Mariña Central, Mondoñedo; Centro Comarcal da Paradanta, A Cañiza; Centro Comarcal de Valdeorras, O Barco de Valdeorras; Casa Da Cultura de A Pobra do Caramiñal
Colectivas
-
Numerosas exposicións colectivas e individuais, destacando:
Concello de Valga (Pontevedra). Sala de Exposicións de RENFE en Vigo (Pontevedra). Facultade de Ciencias (Ourense). Casino de A Toxa (Pontevedra) e Hotel Meliá María Pita (A Coruña).
2007- “Engaiolarte” Casa de Galicia (Madrid). II Encontro Luso-galaico “Aromar” (Porto do Son). Exposición de pintura e escultura, Centro Social (Padrón). “Refachos” Centro Comarcal Exposalnés (Cambados). “Ollar Santiago” Gran Hotel (Santiago de Compostela). XXI Feira do Moble (A Estrada).Itinerante internacional "Tras as pegadas de Delos" Pazo de la Peregrina, Bertamiráns (A Coruña), Casa Mariñeira, A Pobra do Caramiñal (A Coruña), Galería Sargadelos, A Estrada (Pontevedra), Sala de ámbito cultural do Centro Comercial Compostela - El Corte Inglés, Santiago de Compostela (A Coruña).
2006- “Am-art” Gran Hotel (Santiago de Compostela). “Galiciarte”, Parlamento europeo, Bruxelas (Bélxica). “Ollares” Biblioteca Irmáns Camba (Vilanova de Arousa). “Aforías” Gran Hotel (Santiago de Compostela). “Acordes” Mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil (Ourense). Bienal de arte Jovem” Chaves (Portugal). “Andrómenas” Casa da Cultura (Serra de Outes). Auditorio Municipal de Caldas de Reis (Pontevedra). “Policromías” Hotel Bahía de Vigo (Vigo). “Arte para o recordo” Fundación Granell (Santiago de Compostela) e Homenaxe a “Hitka” a beneficio de UNICEF, Hotel Mª Pita(A Coruña)
2005- “Motivos” Casa mariñeira (A Pobra do Caramiñal). “Das ribeiras do Sar aos ollos do Guadiana” Argamasilla de Calatrava (Cidade Real. Castela-A Mancha) e Fundación Araguaney (Santiago de Compostela).
Comentarios sobre o/a artista
-
“A pintura que nos presenta é dun realismo marcado por unha profunda vivencia tanto na tradición como na paisaxe galega. Nas súas imaxes mestúranse, entre brétemas, historias do pasado, naturezas familiares e incluso supersticións.
Canto á técnica, apréciase unha notable evolución a partir do uso de novas ferramentas como útiles trazadores e a proposta de materiais alternativos como soporte. Todo isto, sen dúbida, enriquece e singulariza a súa obra.
A súa temática bebe na tradición romántica do norte, onde a natureza é unha forza misteriosa, que se reivindica como o ambiente de existencia humana.
Figuras que miran ó océano, xente camiñando baixo a chuvia, ou a lectura do sufrimento que retorce as pólas dunha árbore.
Lugares comúns. Unha galería de encontros onde podemos gozar dunha pintura comprometida coa beleza, a experimentación e que é fiel á textura das súas propias lembranzas”.
Manuel Rodríguez