Artista / curriculum
Nacemento
- Santiago de Compostela (A Coruña) 1957
Formación
-
Iniciouse ao debuxo e a pintura co artista D. Antonio Moragón en Santiago de Compostela. Continúa a súa formación asistindo a diversos estudios de artistas profesionais á procura de completar coñecementos técnicos primeiro en Santiago, máis tarde en Barcelona e Lleida traballando con óleos e acrílicos. Posteriormente fai un curso de Perfeccionamento da pintura e outro de iniciación á escultura no Círculo de Belas Artes de Lleida. Fai deseños para carteis en Cataluña e, posteriormente, continúa estes traballos en Galicia. Así mesmo encargáronselle algúns deseños para anuncios de diversas entidades e empresas en carteis promocionais, tamén imaxes variadas para ilustrar artigos de revistas locais, así coma o desenrolo de logotipos de varias empresas. Todo sen deixar de pintar, actividade que sempre supuxo unha constante para el dende os 16 anos.
Sempre estivo relacionado co mundo da arte galega, constituíndo unha mostra desto a dedicación que prestou ata abril de 2004 desenrolando o traballo de Tesoureiro na Asociación Galega de Artistas Visuais, integrada na Unión de Asociacións do Estado Español e no EVAN (Unión de Asociacións da Comunidade Europea).
Obras en entidades rexionais: Confederación de Empresarios de Galicia, en Santiago de Compostela; Sociedade de Afianzamento de Galicia, en A Coruña
Exposicións
-
Individuais
-
2008- Sala de exposicións do Casino Atlántico de A Coruña.
1998- Exposicións individuais varias nas salas alternativas e pubs en Galicia e exposición individual na Galería Lorenzo, Santiago de Compostela.
Colectivas
-
2008-"Arte Transfonteirizo" Alianza Francesa, Vigo(Pontevedra); “O Alén” Centro Comarcal de Ordes (A Coruña); "Caramiñeira", Casa Mariñeira da Pobra do Caramiñal (A Coruña); "Sinestesia", Lar Galego de Sevilla.
2007- Colectiva itinerante “Art-Natura” ADEGA, Santiago de Compostela, O Carballiño (Ourense), Lugo e Oroso (A Coruña). “Relax-arte” Gran Hotel (Santiago de Compostela). “Anacos” Galería Sargadelos (A Estrada) e “Recantos” Galería Guimart (A Estrada).
2006- “Percepcións” Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre (Santiago de Compostela). Pazo da Peregrina, Bertamiráns (Ames, A Coruña). ARTENIM, Feira de Arte en Nimes (France). “Faim” Feira de Arte independente de Madrid. “Marbart” Feira de Arte de Marbella (Málaga). “Andrómenas” Casa da Cultura de Serra de Outes (A Coruña). Feira “Holland Art Fair”, A Haia (Holanda). UNICEF Aula de Cultura da Caixa de Aforros de Galicia (Santiago de Compostela) e “Acordes” Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil (Ourense).
2005- “Shaorta Louro: Dende Compostela”, Casa de Galicia, Lisboa (Portugal).
2004- “Lembrando a Dalí” con 40 artistas galegos, Sala da Fundación Araguaney (Santiago de Compostela) e exposición colectiva no Centro Arte en Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre (Santiago de Compostela).
2003- Exposición colectiva “Botella ao mar” Casa das Artes de Vigo (Pontevedra) e exposición colectiva en Botella ao mar, Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela).
1978 / 79- Exposición colectiva no Círculo de Belas Artes (Lleida) e diversas exposicións en pubs de Barcelona, Lleida …
Comentarios sobre o/a artista
-
“Na obra de Manuel Nieto pódese apreciar, de entrada, un afanoso interese pola pintura, pola súa práctica, e a obstinada loita por encontrar ese matiz que permanece oculto. Acaso pareza dialéctica banal, pero cando toma o exemplo da historia da arte, como exercicio (mais que exercicio), e fai del un pretexto para chegar á praxe da pintura, está manifestando, non so que sabe ver, senón que é capaz de chegar a unha impronta persoal, có mérito engadido, de quen pinta por instinto natural.
Manuel Nieto, achégase sen ruído, co sorriso matizada na súa paleta, para encher o plano de manchas cromáticas que debuxan a densidade, coa recreación matizada da analoxía da cor; tal vez, a súa mellor pronuncia. Nas súas obras pódese aprecia a limpeza de tons nos matices que adornan a súa pintura, que con laboriosa cadencia, vaise debullando, en pinceladas construídas, unha a unha, solidarias e consecuentes, o rastro perfecto dunha obra, quizais, nunca acabada, pero có atractivo de quen é capaz de seducir dende o seu interior: apreciar e mirar, con fruición e deleite, o cal é, sempre, de agradecer”.
MQM