AGAEC, Asociación Galega de Arte e Cultura

Artista / curriculum

Mª Sagrario

Nacemento

Loxo (Touro, A Coruña. España) 1949

Formación

Estudios en Psicopedagoxía, sendo a través destes estudios como comeza a súa andadura nas artes plásticas facendo obradoiros de Arteterapia. Formación en collage no centro Arco Iris de Alcover (Tarragona). Formación en gravado na Escola de Gravado Alfonso Costa de Noia (A Coruña). Formación en pintura no Liceo de Noia e con Nacho Costa Beiro en técnicas de gravado, acuarela e pintura. Formación en esmaltes e estudos de Artes aplicadas á escultura na Escola Mestre Mateo de Santiago de Compostela (A Coruña).

Exposicións

Individuais
2006- Exposición baseada na investigación antropolóxico-artística sobre Buda, no centro social da Asociación de Artistas Plásticos Galegos (ARGA), Santiago de Compostela.
2002- “Miña terra meu amor” exposición no Centro Cultural Antón de Taramancos de Noia (A Coruña).
2000- ”Pilgrinando” exposición no Ecocentro Acuario de A Coruña.
Colectivas
2010- Colectiva na EGAP- Santiago de Compostela.
2010- Poxa de arte “Artistas con Haiti” Fundación Caixa Galicia -Ferrol.
2010- Colectiva en vigo ”VICUS x Haiti”con escultura.
2009- Colectivas varias con AGAEC e ARGA, con escultura e pintura(asociación galega de arte e cultura e asociación de artistas plásticos Galegos); colectiva en Mestre Mateo de Santiago de esmaltes; colectiva na escola de funcionarios da Xunta , en Santiago.
2008-"IV mostra colectiva de Arte dos empregados da administración autonómica galega, Expoegap 2008", Escola Galega de Administración Pública (EGAP, Santiago de Compostela (A Coruña);
2007- Colectiva itinerante “Art-natura” ADEGA, Instituto Rosalía de Castro (Santiago de Compostela); O Carballiño (Ourense); Lugo e Oroso (A Coruña). “Amencer na Paraza Roxa: poxa benéfica” Fundación Araguaney (Santiago de Compostela). Exposición colectiva internacional itinerante "Tras as pegadas de Delos”, Pazo da Peregrina, Bertamiráns (Ames, A Coruña); Galería Sargadelos, A Estrada (Pontevedra) ; Casa mariñeira, A Pobra do Caramiñal (A Coruña) e sala de ámbito cultural do Centro Comercial Compostela - El Corte Inglés (Santiago de Compostela). “Ollar Santiago”, Gran Hotel (Santiago de Compostela) e “The Art of dancing under the moonlight” (Santiago de Compostela).
2006- “Acordes” San Estevo de Ribas de Sil (Ourense). “Andrómenas” Serra de Outes (A Coruña). Caldas de Reis (Pontevedra). “Introspección” Casa da cultura de Burela (Lugo). “Equinox” festa do cabalo en Bertamiráns (Ames, A Coruña). “Ensoños” no Pazo da Peregrina (Bertamiráns). “Alegorías” Museo do humor, Fene (A Coruña). “Aforías” Gran Hotel (Santiago de Compostela). “Percepcións” Confederación de Empresarios do Tambre (Santiago de Compostela). Exposición colectiva no local Social de ARGA (Santiago de Compostela e “Arte para o recordo” Fundación Granell (Santiago de Compostela)
1992-93- 94 e 2000- Exposicións colectivas de gravado na Escola de Gravado “Alfonso Costa” de Noia.
1991-92 e 93- Exposicións colectivas de pintura, debuxo en carboncillo e pastel no liceo de Noia.
1985- Exposición colectiva de collage no Centro Arco Iris de Acover (Tarragona).

Comentarios sobre o/a artista

Un pensamento de Fedor Dostoyeswky “ a beleza salvará o mundo “ define a súa obra”
“... a arte segue gardando tesouros no máis profundo de nós. Artista é quen lle pon forma a esa busca atrevéndose a amosar a súa visión e compartila como unha fiestra cara ó espectador, fiestra, por certo,enchida de liberdade. Esta suma de esforzos e sensibilidades que nos invita a dar un paseo contemplando a alma de cada artista e ter ao mesmo tempo unha visión do conxunto mesmo do inmenso caudal creador do que somos portadores todos os seres humáns, é tamén unha aposta pola vida na procura útil da beleza e do gozo da súa expresión...”
Texto introductorio para o catálogo da III Mostra de artes e letras dos empreados da Administración autonómica. 2007.
© AGAEC, Asociación Galega de Arte e Cultura - Términos e condicións - Accesibilidade - Contacto - Login