De súpeto espertará a curiosidade ao visitante coñecedor das técnicas da pintura cando contemple as obras de Antonio Abad, un reputado pastelista, premiado en varios certames internacionais, que constrúe as súas homenaxes a luz e o paisaxe de Galicia sobre a base dun coñecemento exhaustivo da técnica e guiado por un instinto que lle permite espremela para encontrar novas posibilidades expresivas...
J. Rubio Nomblot. EL PUNTO DE LAS ARTES . Madrid 28/2/2003
...Trazo ás veces nervioso, incisivo, máis sabendo facerse pausado, deixando que o pastel se asente. E así multiplica os tons. Vai das sombras e claridades ao oportuno golpe de luz, describindo paisaxes, bosques, recunchos da natureza, reducindo ás veces o espazo contemplado para lle dar unha maior forza. A súa obra está ordenada, ben establecida sobre un intimismo que respecta a realidade e pon a beleza de manifesto a través dun acento expresionista.
C. Caballero. Gal. Art. Barcelona 2003